Moi boas a todos. Esta semana faremos un repaso xeral da mateira con estes test de historia Contemporánea. Aquí tendes o enlace.
Archivo de la categoría: 4º ESO
Coronavirus. 1ª semana de xuño.
Ola a todos esta semana repasaremos a Guerra da Independencia española. Empezaremos cos datos que nos ofrece este video
Para aqueles que non poidades axistir á clase on line tendes que facer un resumo da Guerra da Independencia. Podedes axudarvos do libro de texto.
Coronavirus. Última semana de maio. Repaso da 1ª e 2ª Revolución Industrial.
Bos días, esta semana repasaremos a 1ª e 2ª Revolución Industrial. Para elo partiremos destes dous vídeos.
Para aqueles que non poidades asistir á clase on line debedes contestar por escrito e enviarme a resposta á seguinte cuestión: que diferenzas existen entre a 1ª e a 2ª Revolución Industrial?
Coranavirus. Cuestións dos videos da Revolución francesa e o imperio napoleónico.
Coronavirus. 2ª quincena de maio. Repaso da Revolución francesa.
Bos días. Esta semana imos repasar a Revolución francesa e o imperio napoleónico. Para elo imos partir de 2 vídeos de 3 minutos cada un. Mirádeos con atención porque na próxima clase on line fareivos unhas preguntas sobre eles.
Coronavirus. 2ª semana de maio.
Ola a todos. Para esta semana tendes que ver este video da Academia Play sobre a Revolución Rusa e facer o exercicio que vos mando a continuación. Animo!
Coronavirus. 1ª quincena de maio.
Ola, Bos días. Imos dar un pouquiño da 1ª Guerra Mundial. Para elo tendes un vídeo da academia Play e un pequeno cuestionario.
Coronavirus. Sahara occidental
Ola a todos. Aquí tendes un video dunha das últimas colonias españolas e a súa situación actual.
Coronavirus: actualidade da antiga concesión británica Hong Kong.
Visualiza este video de VisualPolitik e responde cas túas palabras a pregunta por que Hong Kong dixo basta?
Coronavirus. 3ª quincena ata o 30 de abril.
Segue lendo atentamente os apuntes do tema do imperialismo e fai este exercicio. sería o 3º deste tema.
Coronavirus. 3º aviso importante.
Ola a todos. Moitos estades mandando arquivos ó meu correo corporativo que pesan demasiado e non poso abrilos, por iso, a partir de agora: MANDADE OS EXERCICIOS DE TEXTO A TRAVÉS DESTA PÁXINA EN «DEIXA UN COMENTARIO» E OS MAPAS, SOPAS E GRÁFICOS IDES FACÉNDOOS E XA MOS ENTREGAREDES CANDO VOLVAMOS ÁS CLASES.
Coronavirus. 2ª tanda de exercicios do imperialismo.
coronavirus. 2º aviso importante:
Bastantes de vos estades facendo un gran esforzo por mandarme os exercicios feitos, e iso está moi ben!. Pero quero que vos lembredes que son exercicios de aprendizaxe na casa, polo que o importante é que vos esforcedes en facelos ben e completos, non en acabar pronto. Lede ben as preguntas para contestar ó que se vos pide e repensade ben as respostas que vos tacho ou que vos digo que completedes. Dacordo?? pois ánimo e a mellorar.
Coronavirus. Primeiras cuestións dos apuntes do imperialismo
Coronavirus. Novo tema: o imperialismo.
Neste tema funcionaremos con apuntes. Hoxe leédeo con atención e consultade dudas, mañan empezaremos a facer cuestións.
Coronavirus. 4ª tanda de exercicos para repasar o exame.
Coronavirus. 4ª tanda de exercicios para repasar o exame.
Coronavirus: Aviso importante:
Como algúns de vos me estades preguntando como mandades as respostas dos exercicios, poño a continuación o que tendes que facer:
– Todo o que poidades mo mandades pola mesma páxina web en «Deixa un comentario». Tamén mo podedes mandar por correo electrónico.
– Ademais, tedes que facer os exercicios en papel para entregalos cando voltedes á clase.