Esta semana repasaremos xeografía. Aquí tendes un enlace a xogos on line.
Archivo de la categoría: 3º ESO
Coronavirus. 1ª semana de xuño. A arte do Renacemento.
Moi boas a todos. Escoitade este video da arte renacentista que na próxima clase on line falremos del.
Para aqueles que non podedes asistir á clase on line tendes que responder razoadamente á seguinte cuestión: Por que o Renacemento foi tan importante? Por que Leonardo da Vinci e Miguel Ángel destacaron entre todos os sabios da época?
Coronavirus. 2ª semana de maio
Ola a todos!. Esta semana semana vouvos subir un video do Humanismo e o Renacemento e poñer unhas cuestións sobre el para que contestedes. Ánimo!.
Coronavirus. 1ª quincena de maio.
Ola, Bos días. Imos dar un pouquiño da reforma Protestante. Para elo tendes que ven con atención o seguinte video e contestar ás seguintes cuestións.
Coronavirus. Repaso de xeografía política e económica.Turkmenistán.
Ola a todos. Aquí tendes un video deste país con importantes recursos enerxéticos e a súa peculiar dictadura.
Coronavirus: o AVE en España.
Visualiza este video de VisualPolitk e contesta ás seguintes cuestións: cal é o problema do AVE en España segundo os autores do video? Estás dacordo con eles? Razoa a túa resposta.
Coronavirus. 3ª quincena. Exercicios do Humanismo.
Coronavirus. 3º aviso importante.
Ola a todos. Moitos estades mandando arquivos ó meu correo corporativo que pesan demasiado e non poso abrilos, por iso, a partir de agora: MANDADE OS EXERCICIOS DE TEXTO A TRAVÉS DESTA PÁXINA EN «DEIXA UN COMENTARIO» E OS MAPAS, SOPAS E GRÁFICOS IDES FACÉNDOOS E XA MOS ENTREGAREDES CANDO VOLVAMOS ÁS CLASES.
coronavirus. 2º aviso importante:
Bastantes de vos estades facendo un gran esforzo por mandarme os exercicios feitos, e iso está moi ben!. Pero quero que vos lembredes que son exercicios de aprendizaxe na casa, polo que o importante é que vos esforcedes en facelos ben e completos, non en acabar pronto. Lede ben as preguntas para contestar ó que se vos pide e repensade ben as respostas que vos tacho ou que vos digo que completedes. Dacordo?? pois ánimo e a mellorar.
Coronavirus. 2º cuestionario do tema 9.
Coronavirus. Tema novo: O nacemento do mundo Moderno.
Comenzamos o tema 9 e a parte de historia. Lee atentamente a páxina 188 e contesta as seguintes cuestións
Coronavirus. 4ª tanda de exercicios para repasar o exame.
Coronavirus: Aviso importante:
Como algúns de vos me estades preguntando como mandades as respostas dos exercicios, poño a continuación o que tendes que facer:
– Todo o que poidades mo mandades pola mesma páxina web en «Deixa un comentario». Tamén mo podedes mandar por correo electrónico.
– Ademais, tedes que facer os exercicios en papel para entregalos cando voltedes á clase.